18:00
Charla sobre La Vuelta Ciclista ao seu paso por Lugo

Charla sobre La Vuelta Ciclista ao seu paso por Lugo

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Charla sobre La Vuelta Ciclista ao seu paso por Lugo

A Deputación de Lugo acollerá o martes, 2 de xullo, unha charla sobre La Vuelta Ciclista ao seu paso por Lugo. De Lugo a Ancares: La Vuelta 24 será o título da xornada que se celebrará no Salón de Actos do Pazo de San Marcos ás 18:00 horas e que contará co Presidente da Deputación, José Tomé Roca, o exciclista Fernando Escartín, e o director xeral da proba deportiva, Javier Guillén.

A entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo e servirá como antesala deste importante evento ciclista que o 30 de agosto volverá á provincia na súa etapa número 13. No encontro, Escartín, Guillén e Tomé Roca, compartirán os secretos da organización dunha proba que mobiliza a miles de persoas, explicarán en detalle o trazado e o impacto que unha cita deportiva desta magnitude ten no territorio; tamén repasarán as anécdotas de anos anteriores.

De Lugo a Ancares: La Vuelta 24 contará tamén cunha quenda para que as persoas que
asistan a esta charla-coloquio poidan facer as súas preguntas ou compartir curiosidades. A
xornalista Sara Meijide será ademais a encargada de guiar a conversa entre o mandatario
provincial, o exdeportista e o responsable deste evento.

Fuente: https://vivalugo.es/evento/charla-sobre-la-vuelta-ciclista-ao-seu-paso-por-lugo/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android