20:00
Proxección do documental “Xove, Democracia Nuclear”

Proxección do documental “Xove, Democracia Nuclear”

Proxección do documental “Xove, Democracia Nuclear”

O Pazo de San Marcos acolle o martes 19 de decembro (20.00 horas) a proxección do documental “Xove, Democracia Nuclear”, sobre a mobilización contra o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio mariñao nos anos setenta.

A proxección acompañarase dun coloquio e presentación na que participarán o director, o xornalista leonés Pedro Lechuga, e os exdirixentes de Comisións Labregas Emilio López “Milucho” e Mariña Rodríguez, que participaron nas mobilizacións e cuxos testemuños se
inclúen no documental, xunto a unha ducia de persoas que viviron en primeira persoa un momento histórico na loita ecoloxista e nacionalista.

A entrada será de balde.

Nos últimos dous meses, o documental, que contou co apoio da Asociación de Prensa de Lugo, foi proxectado nunha ducia de localidades, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Fuente: https://vivalugo.es/evento/proxeccion-do-documental-xove-democracia-nuclear/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android