13:30
Faíscas da Pontraga

Faíscas da Pontraga

Faíscas da Pontraga fundouse en xullo do ano 2002, tras a reunión de catro amigos para participar nun concurso de cuartetos tradicionais. Esta primeira reunión deveu noutras e permitiu a incorporación de novos integrantes e instrumentos, ata constituírnos na charanga ou charanga tradicional que hoxe somos. En decembro do 2015 gravamos o noso primeiro traballo discográfico chamado VELAÍ VÉN!! que saiu á luz na primavera do 2016 e que presentamos oficialmente o 25 de xuño do mesmo ano. Este disco gravouse co pretexto de seguir divulgando a cultura tradicional e sobre todo deixar constancia do noso traballo nun soporte que asegure a súa supervivencia co paso do tempo. Ademais da presentación oficial na nosa terra e diante da nosa xente, e co afán de darlle unha maior repercusión ao traballo realizado, fixemos varias presentacións/concertos por Europa (Italia e Portugal) e en abril do 2017 cruzámolo océano para facer unha xira polo RÍO DA PRATA, con varios concertos por Arxentina e Uruguai. Ao longo destes 15 anos de camiño, son máis de 500 actuacións as desenvoltas tanto en terras galegas como estranxeiras
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android