10:00 hasta las 20:00
FEIRA DO 23 DE ABRIL 2023

FEIRA DO 23 DE ABRIL 2023

O municipio de Moeche celebra, un ano máis, a tradicional Feira do Cabalo o domingo 23 de Abril.
Ao longo deste día, centos de visitantes chegados desde diferentes puntos da xeografía galega poderán gozar desta feira, considerada como unha das de maior tradición e arraigamento do mundo do cabalo da nosa comunidade autónoma.

Durante esta xornada levarán a cabo as probas hípicas nas modalidades de andaina chapeada, andaina aserrada e trote. As probas estarán dotadas con premios en metálico e a inscrición dos exemplares a concurso poderase realizar do 30 de Marzo ao 15 de Abril a través deste elance: 
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe6TWOWVK_DqC2mm6mBL1MCi3ESZY18e5T2rarLlI3lxLHrEw/viewform

A feira, que naceu ao redor do castelo medieval da localidade, contará con numerosos postos de venda de produtos agrogandeiros, herrmientas, roupa, calzado, alimentos... ou postos gastronómicos nos que veciños e visitantes poderán degustar churros, churrasco ou polbo a prezos populares.

Ás 17.00 horas os asistentes poderán gozar dun espectáculo de danza ecuestre á beira do Polideportivo Municipal.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android