23:00
Algo que sinalar

Algo que sinalar

Un crossover entre versos medievais recitados sobre bases de hip hop, moito flow e tintes de contracultura

Alí onde se fusionen a vangarda e a tradición atlántica estará sempre o punto de encontro de Laura LaMontagne & PicoAmperio, capaces de establecer pontes coas músicas e literaturas de antano traéndoas de volta ao presente a través de sons futuristas e tecnolóxicos.

Sempre armados coa tradición galego-portuguesa das “cantigas de amigo”, o seu imaxinario electrónico destrúe fronteiras temporais e estilísticas e abre novos camiños neste proxecto multiforme a través do hip hop, a abstracción ambient, o folclore, melodías suaves, atmosferas rascadas ou incorporando a world music.O eterno loop do son atlántico.

Recontextualizando a lírica de Rosalía de Castro, Luz Fandiño, Xela Arias, Fernando Pessoa, García Lorca, dos trovadores Martín Códax, Airas Nunes de Santiago e Alfonso X ou coas súas creacións propias, a voz de Laura Lamontagne e os loops de PicoAmperio fan que o público se teletransporte a un universo híbrido, único, hipnótico e, sobre todo, absolutamente magnético.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android