23:30
Grande Amore

Grande Amore

Concerto de pop- alt e rock alternativo.

Nacido en 2019, Grande Amore é o proxecto musical de Nuno Pico. Cantante de Oh! Ayatollah e socio de Ortiga no dúo Os Rastrexadores, Nuno é unha das figuras de referencia da xeración millennial na música pop galega e Grande Amore é a súa explosión artística definitiva.

Na primavera de 2021, Grande Amore publicou o seu primeiro disco, que integra un cancioneiro honesto e visceral nado da vida mesma. Temas como Perdón por ser tan sexy, Vémonos non baño ou Imos enchernos (E imos falar de cousas) ofrecen un rotundo atractivo xeracional e unha sonoridade que vai da electrónica ao rock e o punk.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android