A XV Xornada de Literatura de Tradición Oral 22 de outubro | Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8) Inscripción: https://bit.ly/3M6HbYP PROGRAMA 10.15 Recepción, entrega de material e inauguración 10.30-11.30 Conferencia Variedades de sons, músicas, voces, contos e rivalidades nalgúns dos entroidos galegos: tradición e aculturación Felipe Senén 11.30-12.30 Conferencia O mundo do revés : Teatro de entroido en Galicia Julio I González Montañés Nacido en Ferrol en 1962 é licenciado en Xeografía e Historia e doutor coa tese Drama e iconografía en el arte medieval peninsular (siglos XI-XV). Publicou traballos sobre arte galega, iconografía e etnografía, e nos últimos anos centrou a súa actividade investigadora no estudo e catalogación das manifestacións teatrais en Galicia anteriores a 1750. A súa bibliografía completa pódese consultar no seu portal Web (www.teatroengalicia.es). 12.30-14.00 Mesa redonda Entroido e ocultación: profundando no envés do ritual Felipe Senén e Julio I González Montañés Coordina: Lois Pérez 16.00-17.00 Conferencia Os entroidos históricos da bacía do Támega: as súas máscaras tradicionais Nieves Amado Rolán Natural de Laza (Ourense), exerce como arqueóloga profesional desde fai máis de 30 anos. Licenciada en Xeografía e Historia pola USC, e posgrao co mestrado en Técnicas de Xestión Integral do Patrimonio Cultural, rama de Arqueoloxía (USC_CSIC_Xunta de Galicia). Actualmente forma parte da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega e do Grupo de Investigación arqueolóxica da Univ. de Vigo, GEAAT. Na actividade arqueolóxica profesional, abordou todo tipo de proxectos en Galicia. Tamén traballou nos eidos da documentación histórica aplicada ao patrimonio cultural e no campo da etnografía material e inmaterial. Colabora activamente en proxectos culturais desenrolados na Comarca de Monterrei, ligados ao asociacionismo cidadá. Na valorización e difusión do campo que nos ocupa, o Entroido, colabora e publica artigos desde fai varios anos no monográfico anual do “Entroido en Galicia” do xornal O Sil. Publicou artigos na revista Auria, na rev. Ágora do Orcellón (O Entroido galego na Idade Media), no extinguido colectivo Homo Ludens, folletos da Deputación de Ourense, en varios xornais etc. Tamén ten dado varias conferencias sobre os entroidos da bisbarra do Támega, a última nas “X Xornadas sobre o Entroido en Galicia” organizadas pola SAGA en Pontevedra, en marzo deste ano 2022. 17.00-18.00 Conferencia Viaxe polo mundo da máscara Mercedes Vázquez Saavedra Comezou a andiana profesional, dando aulas no Colexio da Asunción de Sarria, Lugo, traballo que estivo moi pouco tempo, porque axiña pasou á administraçión, na area de Asuntos Sociais. Trabalhou máis de 40 anos, como directora de centro, de Asuntos Sociais, e coordinou actividades socioculturais nos centros de Asuntos Sociais da Delegación de Lugo, Xunta de Galiza. Sendo seu último posto de traballo, por concurso obrigatorio, como directora do CENTRO SOCIOCULTURAL de XINZO DE LIMIA, posto do que tomou posesión, pero non se incorporou. Por outra banda, estivo mergullada ao mundo da escrita. Foi autora da "Guía da Ribeira Sacra", coa colaboración nesta guía de Carmen Vázquez. P Batallón, e a "Guía do Courel" de Galaxia e "Guía da Pobra do Brollón", encargo do concello da Pobra editada por Galaxia (roteiros ao modo de libros de viaxe), Mercedes correu ao cargo das fotos e textos. No mundo da Máscara está mergullada dende hai moitos anos, nos que levou ao cabo diferentes pesquisas co fin de investigar as máscaras do rural. A ese primixenio traballo seguiron outros de recolleita oral e fotográfica da MÁSCARA IBÉRICA, máscaras de Galiza e Portugal e doutras comunidades da península. Mercedes colaborou e segue a colaborar na difusión da Máscara con exposicións fotográficas, por Galiza e Portugal, encontros da máscara etc. Mercedes Vázquez Saavedra é secretaria dos Organos Sociais da Académia Ibérica da Máscara con sede en Bragança. 18.00-19.30 Mesa redonda Tras a máscara. Liturxia e simbolismo Nieves Amado Rolán e Mercedes Vázquez Saavedra Coordina: Antonio Reigosa 19.30-20.30 Sesión práctica Achega á Máscara de Entroido. Unha visión desde dentro Xosé Manuel Seixas Souto de Torres (Castroverde) 1971. Deseñador gráfico de titulación e artesán de vocación, formeime tanto en cursos específicos como no mundo laboral, ou co contacto directo con artesáns e artesás en diferentes campos (coiro, madeira, cartón falleiro, cestería, costura, la, papel, metal…) centrando o meu traballo nas marionetas e, especialmente, no eido da máscara; nunca de xeito profesional. Descubrín e sentinme fascinado polo mundo do Entroido tradicional hai décadas, visitando Entroidos tanto galegos como da península ou da Sardeña, investigando desde un principio o seu significado e formas, estética e elaboración. Desde hai anos tiven a honra de acceder a ese fantástico universo desde dentro, vestindo traxes ceremoniais de Santiago de Arriba (Chantada): Meco, Volante e Maragato ou de Maceda: O Felo, e participando esporadicamente noutros. Froito de estar neste privilexiado espazo, empecei a contactar internamente con outros por medio das Xuntanzas de Entroidos ou visitas privadas a artesás e artesáns e portadores/as das vestimentas de diferentes lugares, así como a investigadores ou persoas maiores que lembraban algún xa desaparecido. Isto facilitoume o traballo que levo facendo desde hai anos no estudo e elaboración das máscaras tradicionais de Entroido, aplicando tanto saberes antigos trasmitidos de xeración en xeración, como o estudo de posibilidades de fabricación alternativas a materiais de nova incorporación.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar