11:30
ALEGRÍA | Documental 20 años del Prestige - Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo)

ALEGRÍA | Documental 20 años del Prestige - Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo)

A Rede Museística Provincial de Lugo acolle esta fin de semana catro proxeccións do documental “Alegría”, sobre o vixésimo aniversario do desastre ecolóxico provocado polo afundimento do Prestige.

Os pases serán con entrada libre e gratuíta, ata completar aforo.

O audiovisual, dirixido por Luis Otero e Rocío Romero e producido por Ecoloxistas en Acción Galiza,  afonda nas causas que desencadearon a maior marea negra da costa galega e lembra o traballo das persoas voluntarias que se enfrontaron ao chapapote e a mobilización da sociedade galega arredor da plataforma “Nunca máis”.

Advirte tamén da necesidade de mellorar os medios operativos e a vixilancia sobre o transporte marítimo e de superar a dependencia do petróleo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android