00:00 hasta las 00:00
MUSEO PROVINCIAL DO MAR | Actividades de verán na RMPL 2023

MUSEO PROVINCIAL DO MAR | Actividades de verán na RMPL 2023

MUSEO PROVINCIAL DO MAR | Actividades de verán na RMPL 2023

Desde os catro museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo propoñémosche un programa refrescante cunha morea de actividades para o verán 2023.

Actividades variadas, para todas as idades, propostas guiadas polo afán de aprender e gozar ao mesmo tempo. Unha mestura de coñecementos e entretementos que procuran que a cultura e a historia deste noso país, que procuramos divulgar e transmitir desde as coleccións expostas nos museos da Rede, formen parte das nosas vidas tamén no verán.

Tempo de facer novas amizades, de compartir, de crear e soñar! Se te animas, aquí tes sempre a porta aberta!

+INFO
https://comunidadermpl.gal/actividades-de-veran-na-rede-museistica-provincial-de-lugo/

___________________

TRIPULACIÓN A BORDO!!!

Comeza o verán e botámonos ó mar da diversión e o saber na procura de aventuras e novos descubrimentos, como se atreveron aquelxs afoutxs navegantes que fixeron do noso planeta un mundo máis grande e diverso para todas e todos nós. Agora o mundo precisa da nosa axuda! Está intoxicado pola contaminación que emitimos á atmosfera e por todo o lixo que estamos tirando ós nosos océanos. Se nos acompañades este verán, navegaremos por eles recollendo todos estes refugallos e facendo da pesca unha actividade sostible. Para unha tarefa tan importante teremos que colaborar todxs e para iso temos que aprender a entendernos e a comunicarnos. Moitas son as maneiras e sempre mellores os resultados. Achegádevos ó museo e embarcádevos connosco! Tripulación a bordo!

Todos os nosos obradoiros están dirixidos a nenxs de 4 a 14 anos, cun límite de prazas de 10 participantes. Levaranse a cabo os MÉRCORES de 11:30 a 13:30 h. no propio museo. No caso de que a demanda fose maior, repetiríamos a actividade ese mesmo xoves.

Como novidade seguiremos parolando coas nosas xentes, pero contándovolo a pequenas doses! Con, cada MARTES, FONTANEANDO: CHÍOS DA REDE MUSEÍSTICA, SOBREVOANDO O TERRITORIO E A COMUNIDADE. Ás 12:00 h., achegaremos esas pequenas historias gardadas nas pezas e nas vidas que fan parte do noso museo que tanto nos gustan!

NA LIÑA DE FLOTACIÓN

A liña de flotación é o que separa a parte somerxida do barco da que está sobre a auga. É a liña que marca o perigo de afundimento. Seremos quen de mantelo a flote? Experimentaremos co principio de Arquímedes e aprenderemos como e por que conseguimos que os navíos naveguen sobre o mar (ou debaixo del!).

Data: mércores 5 de xullo

Hora: de 11:30 a 13:30 h.

Prazas: 10

Idades: de 4 a 14 anos

CONTOS E CANTOS DA BALEANORTE, con Ugia Pedreira e Lidia Luna

Data: sábado 8 de xullo

Hora: 12:00 h.

OÍDOS QUE VEN

A maioría das persoas perciben polos ollos o 80% da información, polo que as veces non somos conscientes de canto podemos ver cos oídos, canto nos contan os sons!

Imos pór a proba o poder de recoñecemento dos nosos oídos, descubrir as sensacións que nos transmiten os sons e a tratar de comunicarnos a través deles.

Data: mércores, 12 de xullo

Hora: de 11:30 a 13:30 h.

Prazas: 10

Idades: de 4 a 14 anos

OLLOS QUE ESCOITAN

Non hai tantos anos, só unhas poucas persoas sabían ler e escribir, polo que a información transmitíase por medio de imaxes, máis accesible para a maioría da poboación.

Escudos, logos, pictogramas ou emoticonas son imaxes que hoxe en día seguimos usando para comunicarnos. Seremos quen de conseguir que os nosos debuxos falen?

Data: mércores 19 de xullo

Hora: de 11:30 a 13:30 h.

Prazas: 10

Idades: de 4 a 14 anos

BANDEIRAS QUE FALAN

As bandeiras nacen como elementos identificativos dun colectivo ou dun lugar. No mundo da navegación seguen sendo un importante medio de transmisión de información, cun código recoñecido internacionalmente, aínda en tempos onde as novas tecnoloxías se están apropiando da comunicación entre persoas.

Imos probar nós a comunicarnos con outros códigos. A ver si descifrades a nosa mensaxe!

Data: mércores 26 de xullo.

Hora: de 11:30 a 13:30 h.

Prazas: 10

Idades: de 4 a 14 anos

lixARTE

Converteremos en arte aquelo que lixa os nosos mares. O mar comeza en nós e o noso comportamento reflíctese no seu estado. Queremos uns océanos limpos e saudables, así que a arte serviranos para levantar a voz contra a contaminación. Coa colaboración do artista Martín Lestao elaboraremos un mural colectivo con refugallos que habitualmente atopamos nas nosas ribeiras.

Data: mércores 2 de agosto

Hora: de 11:30 a 13:30 h.

Prazas: 10

Idades: de 4 a 14 anos

EXPEDICIÓN MARUXAINA!

A nosa serea esta atrapada nunha cova mariña, rodeada por un monte de refugallos e de substancias perigosas que poñen en risco a súa vida. Armaremos unha expedición para ir ó seu rescate. Apuntádesvos á aventura?

Data: mércores 9 de agosto

Hora: de 11:30 a 13:30 h.

Prazas: 10

Idades: de 4 a 14 anos

VAI DE BALEAS!

Os océanos non só están contaminados polo lixo que tiramos neles, senón que tamén os estamos enchendo de ruídos que prexudican ós animais que os habitan. As baleas teñen comunícanse e oriéntanse polos sons que emiten entre elas, polo que a contaminación acústica prexudica a súa forma de vida. Mergullémonos con elas e descubramos os sons que máis nos gustan!

Data: mércores 23 de agosto

Hora: de 11:30 a 13:30 h.

Prazas: 10

Idades: de 4 a 14 anos

ABORDAXE PIRATA!

E acabouse o verán 2023! Imos celebralo cunha divertida abordaxe! Enrolarémonos nunha banda de piratas de bandeira sostible, que andan sucando os mares liberándoos de residuos.

Data: mércores 30 de agosto

Hora: de 11:30 a 13:30 h.

Prazas: 10

Idades: de 4 a 14 anos
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android