20:00
La Excepción Ibérica 1. La Península en la Guerra Fría El telón pirenáico (1943-1949)

La Excepción Ibérica 1. La Península en la Guerra Fría El telón pirenáico (1943-1949)

Irmáns menores do fascismo europeo dos anos vinte e trinta, os réximes políticos da península ibérica convertéronse nunha excepción cando ao finalizar a Segunda Guerra Mundial pasaron a dominar no continente europeo as democracias populares, ao Leste, e as democracias liberais, ao Oeste. Como foi posible que Franco e Salazar mantivésense en poder? Que fixo posible a súa pervivencia pasada a guerra?

Aínda que o conxunto ibérico foi unha excepción, o franquismo español e o salazarismo portugués tiñan unhas diferenzas moi substanciais e o tratamento que recibiron no contexto internacional foi moi desigual. O Portugal de Salazar non foi obxecto de condenas internacionais polo seu réxime político, nin sufriu o relativo ostracismo económico e militar do franquismo senón que foi convidado a formar parte dos beneficiarios do Plan Marshall e dos fundadores da OECE e a OTAN. As orixes do réxime, a estrutura política, a dimensión e identidade do exilio, os modos diplomáticos, os niveis e formas de represión política, os estilos de censura xornalística, as formas de goberno e a cuestión colonial marcaron dúas traxectorias de vida moi diferentes.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android