20:00
Martín Sánchez

Martín Sánchez

Martin Sánchez actuará coa súa banda o vindeiro sábado 18 de Xuño na sala Master Club de Vigo. Ademais, sobre o escenario contará nesta ocasión coa compañía de artistas como Colin Rivas, Enrique (expoñendo a verdade), Alex díaz, e o Dr. Sousa, que lanzarán unha mensaxe de forza ao público antes do show.

Despois de recrutar á súa nova banda, Martin Sánchez & a resistencia expoñen un espectáculo irreverente, cunha mensaxe moi clara de posicionamento firme ante a tiranía e os abusos institucionais.

Clásico, intimista, e mesmo podiamos dicir que dalgún modo logra unha certa apropiación do folclore afronorteamericano. O seu estilo musical destaca por ser rock apto para todos os públicos, puro e moi directo, resultado dos seus tantos anos de carreira e da súa bagaxe por diversos proxectos, que goza agora, tanto como o bo viño, dun gran esplendor.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android