Unha muller absolutamente común, desas que saben que non aparecerán xamais en ningún libro de historia, descobre case por accidente que se está a facer vella, e que se non muda algunha cousa vai morrer conxelada. Decide entón, concretar unha das súas fantasías e convidarnos para que sexamos testemuñas do seu gran momento.
Esta será en principio, a reconstrución dunha viaxe cara a dentro, para reoñecer cales son os seus desexos e as súas motivacións nunha etapa de balances vitais; pero logo verémola transformarse, como unha eiruga que despois dun tempo no seu casulo renace bolboreta e se bota a voar, espléndida, por primeira vez.
Para rir, para reflexionar, para gozar da vida e do teatro!!
Elenco: Mª Ángles Iglesias
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar