Espectáculo de Danza a cargo de Fran Sieira- Compañía de danza
Ceibe afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición e nas súas formas de operar nos diferentes ámbitos cotiás, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade.
Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos, impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes e, desde aí, formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento.
Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.
Ceibe é unha peza coreográfica de 55 minutos de duración cun elenco de 8 bailadoras e bailadores dirixida polo propio Fran Sieira e acompañado na codirección artística por un experto no seu eido, o bailarín Sergio R. Suárez. O deseño do espazo escénico é de Laura R. Iturralde, a iluminación de Fidel Vázquez, música de MounQup (Camille Hedouin), vestiario de Érica Oubiña e espazo sonoro de Isaac Millán.
Fuente: https://www.cultura.gal/gl/evento/113966/13/144008
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar