22:00
Ainoa Buitrago

Ainoa Buitrago

La Ruta de las Flores é a ópera prima de Ainoa Buitrago, un disco pop que voa entre as guitarras, o folk e influencias de Lewis Capaldi ou Julia Michaels. Composto por 12 cancións, a cada cal lle corresponde unha flor, unha mensaxe distinta. Embarcada en todos os procesos, a madrileña coidou o seu primeiro álbum en todos os niveis de produción.

Rodeada e inspirada por mulleres, La Ruta de las Flores é un paso á fronte para deixar clara a figura da muller na industria musical e onde conta con dúas colaboracións femininas de voces moi especiais: a cantautora Paula Mattheus na canción Cuentas Pendientes, e a cantante galega Yoly Saa no tema Que dirías ahora. Con todo, non só son artistas as que podes escoitar neste álbum. Tamén podes descubrir a voz da nai de Ainoa nun audio que ten o seu lugar en La Apuesta, un tema autobiográfico e un dos máis viscerales deste disco.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android