A banda viguesa Os Marcianos comeza a xira de presentación do seu novo disco «Cápsula de evasión»(Clifford Records, 2023), que lles levará por cidades como A Coruña, Lugo, Madrid ou Vigo ademais de diferentes festivais este próximo verán.
O disco, producido por Carlos Hernández (Carolina Durante, Triángulo de Amor Bizarro, Os Planetas...) é unha colección de cancións que se moven entre sons dreampop, jangle pop ou shoegaze, cunha enerxía e uns retrousos que lles sitúan nunha das bandas máis interesantes ás que seguir nestes momentos.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar