Leonardo, no seu intento por integrarse e adaptarse a Auria fará por superar as probas que a cuadrilla da Roncolla lle obriga a realizar para formar parte da mesma.
Entretanto debe tamén coidar de pecharlle ás galiñas pola noite, porque están a desaparecer misteriosamente e é que na súa granxa outro drama se está a cocer… os raposos teñen atemorizados aos habitantes do galiñeiro cos temibles Biosbardos. A cambio da protección esixen a súa comida preferida: ovos de galiña.
A través do acoso introdúcese a superación dos medos, racionais e irracionais. Non renderse, vencer as adversidades e plantarlle cara aos problemas como un medio para favorecer a educación integral das persoas.
A solidariedade, o ecoloxismo, a integración, a vida na natureza ou o despoboamento do rural son outras das temáticas que se tratan nesta obra.
Elenco:
Celtia Figueiras: Leonardo e Galiñas.
Mario Rodríguez: Roncolla, raposos, porca e actor.
Topo Vidal: Nai, raposo e galo.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar