O equipo de Culturactiva S. Coop. Galega, Fina Calleja e Paula Carballeira asumimos con ilusión, respecto e certa responsabilidade levas ás táboas do teatro a figura de Alfonso R. Castelao, posiblemente o maior referente cultural do noso país. Mais tamén comezamos este proxecto coa seguridade de que cómpre realizalo, xa que consideramos imprescindible que o público máis mozo, nomeadamente os rapaces e rapazas de entre 6 e 10 anos coñezan, a través da súa infancia, a vida e obra dun xenio irrepetible.
Precisamente aquí radica, ao noso entender, o meirande interese cultural e artístico de CASTELAO: presentar a figura do autor, debuxante, pintor, dramaturgo, humorista e pensador rianxés ás novas xeracións do teatro galego. E para acadar este obxectivo, valéndonos das ferramentas, xogos e “trucos” do teatro, presentaremos a un Castelao, de 8 anos anos e na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, buscando en todo momento a identificación da audiencia co protagonista da nosa trama.
E para atrapar a este público mozo, propoñemos unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao (Cris Collazo) e a súa nai. E mesmo antes, da man de Baltasara (Mónica Camaño), comezará un percorrido trepidante coa urxencia que a inmediatez da partida garante. Queda pouco tempo, as horas antes de embarcar escorregan entre os dedos e a ausencia do neno da casa familiar faráse notoria para Xoaquina.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar