Unha das agrupacións corais máis lendarias da cultura europea: Los Niños Cantores de Viena. Os nenos cantaron na Capela Imperial de Viena desde 1296. En 1498, Maximiliano I trasladou o seu corte a Viena, fundando a Hofmusikkapelle e o Coro de Nenos Cantores. A través dos séculos, a Corte de Viena atraeu a soados músicos como Mozart e Bruckner, chegando outros, como Joseph Haydn, Michael Haydn ou Franz Schubert, a ser integrantes do coro.
Na actualidade o coro está formado por 100 cantantes de idades comprendidas entre nove e catorce anos, divididos en catro coros. Cada un deles pasa dez semanas ao ano de xira, entre todos interpretan uns 300 concertos cada ano, aos que acoden máis de medio millón de espectadores de todo o mundo.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar