21:00
Morgan

Morgan

Morgan volven aos escenarios despois de case 2 anos coa súa xira The River Tour, para presentar o seu terceiro traballo de estudo titulado the river and the stone. O novo álbum de estudo de Morgan é un conxunto de dez cancións nas que empezaron a traballar tras o confinamento en 2020. The River and the Stone é o resultado de moitas conversacións, moitas horas de creación conxunta e, sobre todo, de gozar de facer música con amigos. Tras case un ano de traballo viaxaron a Francia, ao estudo Lle Manoir de León, xunto a Campi Campón na produción. Está mesturado por Stuart White (Beyoncé, Autolux) en Los Ángeles e masterizado por Colin Leonard (SING Mastering) en Atlanta, GA. En outubro de 2020 preséntase The river and the stone.

Este é o terceiro traballo de estudo da banda. Máis dun ano despois da publicación do seu último disco, a banda ofreceu máis de 70 concertos en salas, teatros e festivais, ademais de acompañar a Fito & Fitipaldis como artista convidado na xira de grandes recintos durante a primavera-verán de 2022. Morgan comezou 2023 co éxito do primeiro concerto propio no WiZink Center de Madrid (21 de xaneiro de 2023) e continúa o ano coa presentación en directo do seu disco polos teatros, salas e festivais máis relevantes do país.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android