20:00
Michael's Legacy

Michael's Legacy

Michael´s Legacy, avalado polo Club de Fans de Michael Jackson en España como o mellor espectáculo musical totalmente en directo, sobre O Rey do Pop na actualidade, é unha homenaxe a Michael Jackson, creado pola compañía Jackson Dance Company.

Michael´s Legacy é a primeira homenaxe a Michael Jackson que ofrece o concepto de espectáculo que tiña o rei do pop nas súas xiras, con voces e música en directo. Michael´s Legacy é un espectáculo apto para todas as idades, no cal se poderá gozar dunha escenografía moi coidada, con réplicas exactas das cancións orixinais e un toque especial dado pola compañía nas súas representacións, cun gran corpo de baile formado por 8 bailaríns, unha incrible banda de 4 músicos e voces en directo, que nos transmitirán á perfección as mensaxes que o rei do pop facíanos chegar en cada unha das súas actuacións, facéndoche vivir unha incrible historia coma se ti foses o protagonista.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android