21:15
Nabiza Girl

Nabiza Girl

En lugar de presentarvos á protagonista deste espectáculo, temos o privilexio de compartir convosco unhas indicacións súas en exclusiva: "Se credes que precisades dos meus servizos non tedes máis que aturuxar, que desde o Monte Pindo escoito que flipas porque ten unha acústica bárbara. Sabedes quen son, non? Ben, normal, nin puta idea, normal. Ademais indo de incógnita menos, claro! Vouvos dar unha pista. Como mínimo, agora que xa vedes a estrela vermella xa o teredes mais claro non? Non, non son concelleira do Bloque. Igual é que como traballo en negro e hai que ser discreta pois non me recoñecedes. Eu son Chelo García Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e os meus poderes proveñen do sulfato!".
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android