21:30
La Fúmiga + A Quinkillada

La Fúmiga + A Quinkillada

Os valencianos A Fúmiga unen música de banda e alternativa. Levan instrumentos de vento e percusión ao estilo das bandas balcánicas e brass-bands. Móvense dentro do ska, punk e música latina.
Chegan co seu último disco, "Fotosíntesi"; lanzado en 2021.

A banda galega A Quinkillada presenta os temas do seu primeiro disco con temas propios titulado "Gozar, Sentir, Bailar". O álbum saíu editado en 2022 e nel mesturan ritmos latinos coa rumba quinki.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android