20:00
Agnostic Front + Proudz

Agnostic Front + Proudz

Agnostic Front, inicialmente coñecida como Zoo Crew, é unha banda estadounidense de crossover thrash e hardcore punk, pertencente ao denominado New York Hardcore xunto a bandas como Sick of It All e Murphy's Law entre outras. De maneira paralela, o vocalista Roger Miret forma parte do grupo Roger Miret and The Disasters, de igual maneira, Vinnie Stigma mantén un proxecto solista de nome Stigma, acompañado por Mike Gallo como baixista, Josh Tilotta como guitarrista e Luke Rota como baterista.

Seria imposible, a estas alturas, falar da Historia da escena Hardcore estatal e deixarnos a Proudz. Formados en Madrid en 1997, este cuarteto impúxose a todas as tormentas e superou todos os obstáculos ata gañarse un espazo nos corazóns de todos os seguidores da música Hardcore no noso país. Xunto a bandas como Versvs, Like peter at home, Inside me, Mal Chance ou Kausa de Alarma, Proudz encabezaron en 1997 un rexurdimento cheo de orgullo e mala fama na escena musical de Madrid. Os seus concertos na capital son de visita obrigada para os amantes dos sons NYHC e Old School, onde o pit e os sing a longs constantes, son a marca da casa dos concertos de Proudz. A Mensaxe é básico; Hardcore, amizade, traizón e orgullo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android