13:00 hasta las 18:30
FEIRA DE SAN ROSENDO 2023

FEIRA DE SAN ROSENDO 2023

A feira de San Rosendo celébrase na parroquia de San Miguel de Reinante o primeiro domingo do mes de marzo. Desde a recuperación da súa celebración en 1997, esta cita non fixo máis que consolidarse e xa son centos as veciñas e os veciños da zona que se achegan a Barreiros, ano tras ano, para gozar dela e facer as súas compras.

Os principais atractivos desta feira son o concurso de gando, no que destaca especialmente a participación de numerosos grupos ecuestres; o mercado, no que se dan cita distintos expositores de artesanía e produtos da terra, algúns procedentes doutras provincias, e a degustación do polbo “á feira”, que non faltou en ningunha das edicións desde a recuperación da cita. Todo isto aderezado con música tradicional.

Con motivo da feira, durante o venres e o sábado celébrase unha festa, con misa, sesión vermú e verbenas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android