20:00
E ti de quen ves sendo? Contos e comenencias

E ti de quen ves sendo? Contos e comenencias

Ángeles Goás e Caxoto son irmáns nisto dos contos e, por iso, cando se xuntan enriba dun escenario escoitalos é coma estar na casa.

Xuntos van desgranando unha función de contos co ritmo, o tono e a retranca dunha dobre sobremesa no día da festa. Sen deixar títere con cabeza, contando traxedias e comedias por igual... nese máxico momento entre cafés de pota, licores o o último anaco de milfollas que hai que comer... que non o imos deixar perder!

Despois de percorrer Galicia contándonos "Costureiras", Ángeles Goás e Caxoto voltan aos escenarios con este exercicio de oralidade onde mesturan cantigas, contos, sucesos... e algunha que outra picardía
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android