O sábado 25 de marzo o Auditorio Municipal acollerá unhas xornadas adicadas a formar e dar voz ao tecido sostible e económico de Nigrán. Comezarán ás 16.00 cun taller aberto ao público no que traballar distintos aspectos para emprender e traballar no comercio local con sostibilidade, ás 17.00 h haberá unha mesa redonda na que empresas como Trisk-Ale ou Ertha Surfboard falarán da súa experiencia emprendendo en Nigrán, e ás 18.00 h será a quenda da charla “Restauración de ecosistemas en climas desérticos”, da man do nigranés que está a reforestar o Sáhara, Alexandre Pereira.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar