22:00
Another Wasted Year

Another Wasted Year

Another Wasted Year é unha banda de pop punk formada en 2020 na Coruña. Onde 5 mozos de entre 18 e 24 anos no medio da pandemia mundial e coa sensación de estar a perder o tempo tiveron a idea de formar este grupo e o camiño para seguir. A banda destaca polas súas influencias punk, así como polos seus retrousos rápidos e pegadizos que fan que o grupo se sitúe dentro da nova escena de bandas de pop punk. Ao longo destes case dous anos da formación, a banda sacou dous singles Let Her Bloom e Stay Away os cales foron presentados ao longo de 2022 en distintos eventos que se expoñerán a continuación.

Cabe mencionar que co seu primeiro single Let Her Bloom, levou á banda para ser a gañadora do Festival Galego da Canción 2022 organizado por MadFanMusic competindo con artistas como Guadi Galego, Lucía Perez (Eurovisión 2011), Lode ou Lemot.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android