22:00
Raze + Illusion

Raze + Illusion

Raze son unha banda de thrash metal formada en 2007 nas Pontes (A Coruña). Durante os anos pasaron por varias formacións mantendo sempre a mesma base rítmica,. A súa música empezou cun thrash metal clásico que foron convertendo en algo máis propio e elaborado con toques progresivos e sons mais escuros. A discografía da banda compóñense do EP 'Man vs machine' de 2011, o LP 'Mankind´s heritage' de 2015 e o EP 'Grave for the weak' de 2020, todo iso acompañado de decenas de concertos durante estes anos facendo de Raze unha aposta segura da escena galega de metal extremo.

ILLUSION chegan co seu novo LP 'Born In Technology' producido xunto a Víctor Valera (Angelus Apatrida) e un videoclip dirixido por Juli Bazooka (Crisix) e a produtora AV/AV Cultural Dogs. Thrash N' Roll en 45 minutos que che fará suar a pinga gorda e mover o pescozo ata non poder máis. O seu novo LP cultivou vendas en catorce países de tres continentes distintos e críticas moi positivas a nivel internacional en medios como Metal Forces ou Metal News France e conseguindo espazo nas ondas chegando a ser banda recomendada en radios en diversos países do globo como Países Baixos ou Nova York.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android