18:00 hasta las 19:00
SEMANA SANTA SANTIAGO

SEMANA SANTA SANTIAGO

SEMANA SANTA SANTIAGO 2023

A primavera entra en Santiago de Compostela acompañada polas impresionantes procesións de Semana Santa. Os magníficos escenarios arquitectónicos da cidade histórica outorgan á conmemoración da Paixón de Cristo un esplendor único e unha solemnidade particular, que a distingue sen dúbida da doutras localidades de España.

Once irmandades compostelás percorren a cidade histórica, acompañadas polo son ferinte das cornetas e polo ritmo grave dos tambores, cuxo eco replican as rúas de pedra. Os ollos álzanse cara aos capirotes e cara ás cruces procesionais e os pasos, que case chegan a rozar balcóns e gárgolas, mentres as procesións avanzan cortando a néboa na noite.

A Semana Santa compostelá conta, ademais, cun programa de concertos de órgano nalgunhas das principais igrexas monumentais da cidade para ofrecer un enriquecedor percorrido pola música sacra e espiritual. E é tamén o tempo de penetrar na intimidade das igrexas e conventos.

Únete á Semana Santa de Santiago de Compostela e "apaixóate" pola cidade.

+Info: 

Procesións:

https://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/calendario-completo-procesiones-semana-santa-2023

Culto e Liturxia: 

https://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/culto-y-liturgia-2023

De Lugares e Órganos 2023: 

https://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/de-lugares-e-rganos-2023

Visitas Recomendadas:

https://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/semana-santa-2023-visitas-recomendadas

Xunta de Confrarías:

http://www.semanasantasantiago.es/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android