22:00 hasta las 20:00
FEIRA DA ARTESANÍA DO FERRO

FEIRA DA ARTESANÍA DO FERRO

FEIRA DA ARTESANÍA DO FERRO 2023

O municipio de Riotorto celebrará o vindeiro domingo 16 de Abril a XIV Feira dá Artesanía do Ferro, na que se realizarán talleres de ferro, así como demostracións de oficios para dar a coñecer a todos os visitantes as peculiaridades destes labores. A feira tamén contará cunha exposición de artesanía e produtos do campo.

O evento comezará coa apertura da feira ás 11.00 horas. Ás 11.15 horas levarán a cabo as demostracións dos oficios de pirograbado, torneado de madeira e cerámica, cestería, olería, cristal tallado e decorado e obradoiro de carbón.
Ás 12.00 horas actuará o coro de Riotorto e ás 12.15 horas terá lugar a inauguración oficial da feira, coa lectura do pregón.

Ás 12.30 horas os presentes poderán gozar coas demostracións en vivo da artesanía do ferro da man dos ferreiros de Riotorto, Forxa Chago de Santiago de Compostela, Antonio do Corgo, Centro de Interpretación da Forxa de Navarra, Alberto Leis de Santiago de Compostela e Friedrich Brasmsteidi de Austria.
Ás 12.45 horas impartirase un obradoiro de ferro infanrtil e a charanga Mekanika animará a feira.

Ás 16.30 horas a citada charanga Mekanika volverá deleitar aos presentes coa súa música e ás 17.00 horas darán inicio demostracións dos oficios de torneado de madeira e pirograbado, as demostracións en vivo da artesanía do ferro e obradoiro de carbón. Ás 19.00 horas os máis pequenos poderán gozar cun divertido espectáculo infantil.

A xornada de festa estará animada polos gaiteiros de Riotorto e charanga Mekanika.

Haberá degustación de polbo e comida.

+INFO
https://ferreirosderiotorto.com/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android