10:00 hasta las 14:15
HOMENAXE | Antía Cal: Pioneira das novas pedagoxías

HOMENAXE | Antía Cal: Pioneira das novas pedagoxías

O Concello de Muras vai homenaxear a gran pedagoga Antía Cal, moi vinculada con estas terras do Xistral.

O obxectivo é a vindicación do seu legado e o recoñecemento do desenvolvemento da súa labor nun contexto de adversidade.

Pioneira que transformou a vida do colexio creando un espazo acolledor, aberto e sensible á nosa cultura onde alumnos, profesores e familias tiñan un papel salientable. Coa súa metodoloxía espertou a curiosidade e a tolerancia baseándose nunha escola laica, diversificada e plurilingüe onde se valoraban os coñecementos e onde a aprendizaxe sensorial era o motor do saber.

Muras ten o pracer de convidalo a participar nesta xornada dedicada a tan senlleira veciña, por todos querida, e reflexionar sobre o legado herdado do seu magnífico traballo.

Agardámolo pois, o vindeiro venres, 31 de marzo de 2023, na Casa do Médico de Muras de 10 a 14.15 h. da mañá.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android