21:00
Running, Unha Suorenta Comedia en Mondariz

Running, Unha Suorenta Comedia en Mondariz

𝐑𝐔𝐍𝐍𝐈𝐍𝐆!!!! (Unha Suorenta Comedia De Ste Xeito) En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia. 𝗩𝗘𝗡𝗥𝗘𝗦 𝟮𝟭 𝗗𝗘 𝗔𝗕𝗥𝗜𝗟, ás 21:00 horas, no Auditorio do Centro Social do Concello de Mondariz Aforo limitado. Entrada de balde!

# Sinopse Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?”

Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?

Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android