𝐋𝐎𝐋Ó 𝐄 𝐌𝐀𝐌Á Teatro no Concello de Mondariz Sábado 30 de Setembro ás 21:00h. Auditorio Municipal de Mondariz. Entrada gratuita con aforo limitado. Recomendado a público +12 anos.
SINOPSE Mamá queda no paro e decide instálase na casa da súa filla, Loló, a un océano de distancia. Mais o que semellaba unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada dende sempre, pronto se transforma en desastre. Como acolle unha filla o retorno da nai? Quen é a nai e quen a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento?
De que maneira conviven agora coa loita cotiá, contra o aburrimento, unha nai que foi reporteira de guerra e que agora non ten nada que contar... e unha filla, que fronte á ausencia da súa nai, estruturou a súa vida a base de loita individual? Canto tempo pode pasar ata que estoupe a guerrilla familiar?
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar