11:00 hasta las 20:00
A memoria de José Gil, pioneiro do cine galego e director de Nuestras Fiestas de allá

A memoria de José Gil, pioneiro do cine galego e director de Nuestras Fiestas de allá

Chegamos á fermosa vila de Nigrán con moitas actividades dirixidas a un obxectivo común: comunicar e dar a coñecer, poñendo en valor e outorgando o espazo que merece na memoria colectiva dos galegos e galegas, a obra, percorrido vital e profesional e inmenso amor polo cinema de JOSÉ GIL, un rapaz de orixe humilde nado en 1870 na aldea de Rubiós (As Neves) que a pesar diso logrou desenvolver un traballo de grande relevancia na historia do cinema galego.

Os días 12 e 13 de maio estará en Nigrán o novo Cinemóbil, o Nº3, que imita ao orixinal e poderá ser visitado polos alumnos e alumnas, vecinos e veciñas da vila, da man do director de cine Ignacio Vilar (A esmorga, 2014) e de Manolo González. O venres 12 pola mañá estará adicado aos centros de ensino e, pola tarde, de 18:00 a 19:30 no Auditorio Municipal, con entrada de balde para o público en xeral. O sábado 13 desde as 10:00 horas na Alameda de A Ramallosa estará tamén o cinemobil e se presentará 'Nos días encantados de agosto' (biografía de José Gil a cargo de Manolo González, Ed.Galaxia) con concerto da Agrupación Musical de Vincios ás 13:00 horas.

Nos tempos de José Gil o cinema estaba nacendo en todo o mundo, facéndose un oco, máis rápido do que podamos imaxinar, nas vidas de todos nós, ata acadar na actualidade o lugar preminente que sen dúbida ten.

Na Galicia dese tempo, José Gil foi o primeiro e o máis persistente traballador e artista a prol dunha arte non comprendida totalmente. Director, operador de cámara, fotógrafo, produtor, exhibidor de cine...

E isto a pesar das trabas e dificultades, profesionais e de índole persoal, que tivo que sortear durante toda a súa vida.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android