19:00
Oliva Trío

Oliva Trío

O Oliva Trío é froito das inquietudes concertísticas de tres profesoras unidas pola cidade de Vigo. Desta maneira, o seu nome fai referencia ao froito da oliveira, símbolo da cidade. Esta formación está formada por Laura Jiménez ao fagot, Cecilia Castro ao oboe e Virginia Lis ao clarinete.

O trío de canas, como formación instrumental, é relativamente novo xa que apenas ten un século de existencia. O trío de oboe, clarinete e fagot xurdiu na década de 1920, e o seu punto en común é que todos os instrumentos producen o son a través dunha lengüeta, xa sexa simple como a do clarinete ou dobre como a do oboe e o fagot. A xénese prodúcese grazas á formación do Trio d?Anches de París, polo que non é de estrañar que os primeiros compositores en atreverse con esta formación sexan franceses, e que tanto Ibert como Françaix dedicásenlle as súas composicións. A obra de Canteloube é un encargo do goberno francés pedindo que recollese os seus temas sobre o folclore de Auvergne.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android