En Dúo Vaguedades, Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, nunha iniciativa que dá un salto do audiovisual ao escenario e que mestura teatro, humor e música. Na liña habitual desta parella de humoristas, este espectáculo propón unha revisión cómica dunha parte fundamental da nosa cultura, da nosa lingua, do noso xeito de ser e da nosa relación co resto do universo.
Dúo Vaguedades, produción de Artefeito S. Coop. Galega e Maquinaria Pesada, é un espectáculo que se achega, en clave de humor, a diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, ao valor da nosa lingua, á riqueza patrimonial e cultural propias de Galicia e ás características que mellor nos definen. Por outra banda, e sempre sen perder o ton cómico da proposta, procura pór en valor algúns dos fitos máis sobranceiros do noso patrimonio histórico e cultural.
En definitiva, teatro, música e humor para reivindicármonos.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar