21:00
Tramontana

Tramontana

Tramontana está formada por Aurora Pajón á frauta, Mathilde Bernard á arpa e Alejandra Martín a viólaa e todas elas perseguen unha dirección artística común: crear espectáculos nos que a música se atopa e combina con diferentes elementos artísticos. Deste xeito, música clásica e contemporánea mestúranse co teatro, a poesía, a escenografía ou as artes visuais. A decisión de integrar todos estes elementos non só é estética, senón que permite expresar e transmitir as conviccións do grupo, que quere darlle ao seu público novas ideas e algo no que seguir pensando unha vez fóra da sala de concerto. Tramontana conmove, inspira, fai reflexionar e, sobre todo, nunca deixa indiferente a quen escoita.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android