22:00
As cantigas de Elena

As cantigas de Elena

As Cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928), por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño.

Elena recordaba multitude de melodías, algunhas delas moi antigas, e as cantaba dun xeito irrepetible. Tras unha sobremesa de cea de noite boa de 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abollado e Miryam González acordaron que as fermosas melodías que conservaban de Elena non podía permanecer mais tempo no olvido. Así nace o proxecto As Cantigas de Elena.

O porpósito deste traballo é mostrar como eran as veladas musicais de Pipo Alvariño coa súa avoa Elena: unha voz, unha guitarra e un acordeón. Deste concepto parten os arranxos musicais, composicións e produción, que pretende transmitir a esencia do canto tradicional de Elena que tan ben representa a voz de María Vidal.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android