22:00
Pandemonium Covers Band

Pandemonium Covers Band

Pandemonium Covers Band é unha banda de covers en formato de trío formada no ano 2020 e composta por Joaquín Morgado á voz e guitarra, Alejandro Lorenzo ao baixo e coros e Lois Cancelas á batería.

O repertorio de Pandemonium Covers Band componse de versións en inglés nun amplo abanico de xéneros incluíndo indie, rock´n roll, postpunk, garage, grunge, procurando escapar dos megaéxitos recorrentes tan reinterpretados xa. É este criterio á hora de seleccionar os temas a versionar o que dota a esta banda dunha personalidade moi particular que a diferenza das demais bandas de covers.

Entre as bandas e artistas que versionean podemos citar a The White Stripes, Kings Of Leon, Eels, The Hives, The Strokes, Talking Heads, Velvet Underground, Pixies, e un longo etc. que compón un repertorio que abarca máis de tres horas de música.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android