22:00
Somoza Trío

Somoza Trío

Somoza Trío é unha banda creada coa intención de entreter a través de versións dos mellores clásicos do pop, soul, reggae,funk e blues dos 80 e 90 e con algunha pincelada de temas máis actuais. No seu repertorio podemos atopar versións de Pink Floyd, Nacha Pop, Jamiroquai, Stevie Wonder, Prince, Bruno Mars, John Mayer, Jimmy Hendrix, Eric Clapton, Phil Collins, Police, Michael Sembello, Wax, Big Mountain, Marvin Gaye e un longo etc...

A banda está formado por Fran Leiro ao baixo e voz, Pablo Somoza á guitarra e voz e Rocksteady Bob á batería e voz. Tres músicos con máis de vinte anos de carreira coa idea de poñer en marcha este proxecto.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android