09:00
Paseando Nigrán

Paseando Nigrán

O Concello de Nigrán continúa este mes de xuño cos roteiros urbanos ofrecendo o sábado 10 e o domingo 25 o programa 'Paseando Nigrán' con percorridos circulares de aproximadamente 2 horas. É preciso inscribirse previamente en oficinaturismo@nigran.org indicando nome completo, teléfono e ruta. Recoméndase acudir sempre con roupa cómoda, calzado axeitado para camiñar, protector solar e unha botella de auga.

O primeiro deles terá lugar o sábado 10 con saída ás 09:00 horas desde a Oficina de Turismo de Gaifar para ir ata a igrexa e cemiterio de San Pedro; o seguinte, o domingo 25, partirá tamén ás 9:00 desde Praia América (fronte ao 'Angelito') para chegar ata Prado.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android