Quevedo, con apenas dous anos de carreira, situouse como o artista español referente a nivel mundial. O seu traballo vese influenciado pola cultura musical de Gran Canaria, os ritmos latinos e o Hip-Hop.
Tras as súas numerosas colaboracións internacionais, ademais dos seus exitosos singles, Quevedo presentou o seu primeiro traballo de longa duración Donde quiero estar, álbum do que coñecemos os seus primeiros adiantos pouco despois de que Quevedo e Bizarrap desvelasen a coñecida Music_Sessions#52, canción que se converteu nunha das máis escoitadas do 2022.
Medios, industria e fans xa teñen claro que o fenómeno de Quevedo non é cousa dun só hit, e o mozo canario sóbese agora aos escenarios para presentar o seu último traballo.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar