20:00
Curva España

Curva España

Unha peza que ironiza sobre o xénero documental combinando teatro e cine en directo. Unha alegoría sobre España que se serve dun relato local que se foi transmitindo oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín (Ourense), para confrontar a realidade coa ficción, a historia coa lenda. Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre as súas causas, motivacións e consecuencias.

Curva España é a historia dunha investigación sobre un suceso do pasado e sobre as súas implicacións no presente. Un suceso real que tivo un impacto directo limitado a unha pequena comunidade da Galiza interior, pero no que se desvela o xeito no que se vertebrou o estado liberal español durante os séculos XIX e XX, en paralelo á construción do ferrocarril.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android