20:00 hasta las 20:00
Entradas para o espectáculo “O PEQUENO PONI – REDRUM” na Sala Ártika de Vigo

Entradas para o espectáculo “O PEQUENO PONI – REDRUM” na Sala Ártika de Vigo

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

Entradas para o espectáculo “O PEQUENO PONI – REDRUM” na Sala Ártika de Vigo

Data: sábado 12 e domingo 13 de outubro de 2024

Hora:

sábado 12 de outubro ás 20:00h
domingo 13 de outubro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika

Prezo:

Venta online: Entrada Anticipada: 11 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24h antes da primeira función)
En taquilla: Entrada Xeral: 15 €
Idades recomendada: + 15 anos

Duración: 65 min

Xénero: drama

Formato: mediano

Entradas para o espectáculo “O PEQUENO PONI - REDRUM ” o sábado 12 e domingo 13 de outubro na Sala Ártika.

SINOPSE:

Luismi é un neno de dez anos que vai a clase cunha mochila da súa serie de debuxos preferida, ‘O meu pequeno poni’. Algo tan inocente esperta as burlas, vexacións e a violencia máis brutal dos seus compañeiros. Esta é unha obra sobre o acoso escolar, esa dolorosa realidade na que viven atrapados cada vez máis nenos e nenas de todo o mundo; unha reflexión acerca da liberdade, o medo e o instinto de protección; un retrato da cegueira, a ineptitude e os prexuízos sociais dos adultos.

Esta obra está inspirada nos feitos reais que tiveron lugar en Estados Unidos durante o ano 2014.

O neno protagonista de ‘O pequeno poni’ non é produto da ficción construída por Paco Bezerra. Luismi é un neno de carne e óso. Existe e ten, desgraciadamente, moitísimos nomes. En Carolina do Norte, no ano 2014, o pequeno Grayson Bruce de nove anos, non puido entrar na súa escola despois de sufrir ataques físicos e verbais por parte dos seus compañeiros por levar unha mochila da serie de televisión “My little Pony”. A dirección do centro considerouno “detonante de acoso” e acusou o menor de “disrupción na aula”. Un mes antes, outro rapaz de once anos chamado Michael Morones sufriu un episodio similar por seguir a estes debuxos. Tentou suicidarse e durante sete anos sufriu danos cerebrais irreversibles pola falta de osíxeno antes de falecer. Sen pretendelo, a serie ‘My little Pony’ converteuse nun dos maiores símbolos da loita contra o acoso escolar a nivel mundial.

O dramaturgo Paco Bezerra leu as historias destes dous rapaces e soubo que non podían quedar nun mero titular de xornal e creou un texto tan descarnado e real como imprescindible nunha sociedade que necesita profundar moito máis na loita contra o acoso escolar. ‘O pequeno poni’ é un retrato sensato e necesario sobre o medo, a soidade, a inseguridade e iso denominado como a ‘ditadura da maioría’. Un dos aspectos máis interesantes da obra creada por Bezerra é que aborda o acoso escolar desde o ámbito familiar.

Esta é unha obra sobre aceptar a diferenza do teu propio fillo. Que expón preguntas coma se o mundo é un lugar habitable para os diferentes, se o colexio é un lugar seguro para os nenos que son distintos, ou se o seu propio fogar é un lugar seguro para un rapaz que simplemente é distinto á maioría.

FICHA ARTÍSTICA:

Elenco: Guillermo Carbajo e Laura Míguez
Dirección e tradución: Alex Sampayo
Texto: Paco Bezerra
Escenografía: Redrum Teatro
Construcción: Escenoset
Animacións: David Fidalgo
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Espazo sonoro: Fernando Epelde
Prensa: Alberto Ramos
Axte. produción: Rubén Porto
Produción: Redrum Teatro
Distribución: Guillermo Carbajo

As entradas para o espectáculo “O PEQUENO PONI - REDRUM” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 15 € ou 11 € + gastos de xestión

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android