20:00 hasta las 20:00
“NEURA – DE STE XEITO PRODUCIÓNS” na Sala Ártika de Vigo dentro do V ciclo de comedia COMEDIÁRTIKO

“NEURA – DE STE XEITO PRODUCIÓNS” na Sala Ártika de Vigo dentro do V ciclo de comedia COMEDIÁRTIKO

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

Entradas para o espectáculo “NEURA – DE STE XEITO PRODUCIÓNS” na Sala Ártika de Vigo dentro do V ciclo de comedia COMEDIÁRTIKO

Data: sábado 26 e domingo 27 de outubro de 2024

Hora:

sábado 26 de outubro ás 20:00h
domingo 27 de outubro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika

Prezo:

Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24h antes da primeira función)
En taquilla: Entrada Xeral: 14 €
Idades recomendada: + 12 anos

Duración: 75 min

Formato: pequeno

Entradas para o espectáculo “NEURA – DE STE XEITO PRODUCIÓNS” o sábado 26 e domingo 27 de outubro na Sala Ártika.

SINOPSE:

NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a través de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se reencontren cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.

Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s.

FICHA ARTÍSTICA:

Dramaturxia e dirección: Manuel Pombal

Elenco: Stephy Llaryora e Sergio Macías

Deseño de iluminación: Jorge Ramos Mourín

Deseño de escenografía e vestiario: Carlos Alonso

Produción: De Ste Xeito Producións: Stephanie Llaryora Arana e Steve Domínguez Fernández

As entradas para o espectáculo “NEURA – DE STE XEITO PRODUCIÓNS” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android