20:30
RFG · HERDANZA AFRICANA · (EN)FOCO

RFG · HERDANZA AFRICANA · (EN)FOCO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

(EN)FOCO

Director/a asistente

* Estrea en España

herdanza africana

Tres compositoras protagonizan esta proposta. A británica Hannah Kendall leva á música clásica o seu compromiso racial introducindo chifres da policía neoiorquina ou espirituais negros, como en Tuxedo: Vasco de Gama. Un compromiso ético similar é o de Missy Mazzoli, quen estrea nos teatros de ópera máis importantes do mundo, sendo a primeira muller en recibir unha encarga do MET de New York, en 2018. A súa obra River Rouge Transformations rende homenaxe ao Detroit dos tempos míticos, a partir dunha idea de transformación masiva de ruídos. O programa finaliza con Florence Price, a primeira muller afroamericana recoñecida como compositora sinfónica, a pesar de que compoñer non puido ser o seu único traballo. A Sinfonía núm. 1 foi estreada en 1933 en Chicago e loubada como obra maxistral. Tiveron que pasar 91 anos para que nós agora poidamos desfrutala.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/rfg-%C2%B7-herdanza-africana-%C2%B7-enfoco
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android