20:30
ABONO RFG · OSG · DEVOCIÓN WAGNERIANA

ABONO RFG · OSG · DEVOCIÓN WAGNERIANA

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

ABONO

Dima Slobodeniouk, director

devoción wagneriana

A declarada devoción que Anton Bruckner profesou por Richard Wagner valeulle a enemistade e a incomprensión do ambiente musical de Viena e numerosos ataques dos partidarios de Brahms, co crítico Hanslick á cabeza. Proba desa devoción é a Sinfonía núm. 3, que Bruckner iniciou en 1872 e dedicou ao xenio saxón. Ben pola súa inseguridade, ben polo afán de acadar o visto e prace de Wagner, Bruckner fixo diversas revisións da súa composición que, finalmente, estreou e dirixiu en 1877 e que, se ben non acadou o aplauso do público si agradou ao seu dedicatario.

O recoñecemento á técnica compositiva e a complexidade polifónica do compositor e organista austrícaco chegaría moito despois, coa estrea da súa Sétima Sinfonía en 1884, cando Bruckner superaba xa os 60 anos. Segundo diferentes fontes, o detonante desa peza foi novamente o seu amado mestre que, xa agonizante, inspirou a ladaíña fúnebre coa que pecha a composición.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/abono-rfg-%C2%B7-osg-%C2%B7-devoci%C3%B3n-wagneriana
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android