20:00 hasta las 23:59
XXII FESTA DO VIÑO DE MEAÑO 2023

XXII FESTA DO VIÑO DE MEAÑO 2023

XXII FESTA DO VIÑO DE MEAÑO 2023

Exaltación do viño Albariño a cargo da Asociación de Adegas Artesás Rías Baixas que se celebrará desde o 21 ao 23 de Julio na praza do Concello de Meaño. Todos os presentes poderán degustar os caldos nas casetas instaladas para a ocasión, acompañados de diversos produtos da terra.

Venres 21 de Julio, ás 20.00 horas terá lugar o acto de inauguración da XXII Festa do Viño coa apertura das casetas. Ás 21.00 horas celebrarase o concerto do grupo A Bumm e a partir das 22.30 horas, concerto de Broken Peach e un Dj.

Sábado 22, ás 12.00 horas realizarase o acto principal co desfile das autoridades e a presentación dos adegueiros e confrades. A continuación terá lugar a lectura do pregón a cargo do xornalista e presentador de televisión Diego Losada Gómez.

Tamén neste día os presentes poderán gozar a partir das 20.00 horas coa actuación da charanga Alambique e ás 22.30 horas celebrarase unha gran verbena coa orquestra Marbella e un Dj.

Domingo 23, comeza a xornada coa apertura das casetas que dará paso ás 13.00 horas ao concerto de Amigos do Acordeón dás Rías Baixas.

Pola tarde, a partir das 20.00 horas terá lugar a actuación da charanga Mil9 e finaliza a Festa do Viño coa verbena a partir das 21.00 horas coa orquestra Ocaband.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android