21:00
Urxente chamamento ó trouleiro

Urxente chamamento ó trouleiro

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Unha creación máxica de humor, participación da concorrencia...e tamén, uns feixes de ilusións, distraccións e ficticios rebumbios.

Un petisco de maxia dentro dun achado fortuíto coa realidade. Unha enleada de enredos para amosarnos que, os actos extraordinarios só poden acaecer na casa da cultura do teu concello,...ou tamén na túa casa, ou na rúa, ou no teu colexio, ou na tenda,... e dicir, case que en ningunha parte.

Un espectáculo máis insospeitado que ollar un marco inmóbil nunha leira.

Dispón da testa para escaravellala, ollando coas orellas moi abertas o fantasioso e irreverente cosmos de desenferruxar queixadas ou exercitar o músculo viaxeiro que vai dende o astrágalo até o óso frontal.

En resumo, se desexas pasalo ben, lembra sempre:

“alá onde vaias...sempre estarás ti!”.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android