Este é o primeiro espectáculo no que Peter Punk comeza a súa andaina como pallaso. E no que se perfila a súa personalidade divertida e irreverente, que fará as delicias d@s cativ@s e tamén dos maiores, creando un universo propio no que a linea de traballo é a diversión, o xogo e unha visión do mundo moi persoal.
Mostrará a súa destreza (ou non) con elementos que van aparecendo da súa maleta: pelotas, un prato chinés, fachos de lume e o clásico tartazo reinventado ao máis puro estilo deste irreverente pallaso internacional.
O seu particular “Chungo que te cagas!” é o “Máis difícil aínda!” do circo clásico. Este é o espectáculo máis universal e todoterreo, perfecto para calqueira tipo de espacio e público. Máis dunha década leva este "Chungo que te Cagas" rodando polo País de Nunca Máis.
Con máis de 1.000 funcións en todo o Estado e en toda clase de programacións, Peter Punk é un dos clowns galegos de referencia, cun humor gamberro e fresco sen igual.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar